Abertos desde o ano 2006 e xa somos un referente gastronómico no corazón de Santiago de Compostela
Aromas de Monterrei no corazón de Compostela. Muros de pedra centenaria, madeira nobre. Terra e mar nos fogóns. Entroido e Coresma. Cepas vellas, barricas novas. Viños propios, audaces e artesáns. Á calor da cheminea ou ao fresco da cachotaría, desfruta con nós da tradición máis moderna. Somos unha alternativa gastronómica no corazón de Compostela.